O Deportivo da Coruña chegou este mércores a un principio de acordo co Albacete para a cesión, durante unha tempada, dos xogadores Rubén e Momo, que viaxan esta mesma noite cara á cidade manchega.
A operación completarase con Jaime, que ten previsto viaxar este xoves a Albacete.