RCD / NOVAS

Probas médicas superadas no Fabril en QuirónSalud A Coruña como antesala ao comezo dos adestramentos mañá mércores

20/07/2021 20:10

O Fabril arrancou hoxe martes 20 de xullo a pretemporada con probas médicas a todos os futbolistas e técnicos no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán, uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

Os adestramentos no céspede comezarán mañá mércores 21 de xullo ás 10:30 horas baixo a dirección de Óscar Gilsanz. Antes de saltar ao céspede, o Presidente do Club Antonio Couceiro, que estará acompañado por Carlos Ballesta, representante institucional do Fabril, dará a benvida ao cadro nun acto privado na Cidade Deportiva.

Os futbolistas que arrancan mañá son: David Suárez, Javi Sanmartín, Juan Cambón, David Martínez e Fabio González. Alejandro Barba estará uns días con adestramento individualizado no seu domicilio ata que o ditaminen os Servizos Médicos.

Ademais, Óscar Gilsanz contará nesta pretemporada cos seguintes xogadores xuvenís: Nacho Díaz, Manu Berrocal, Brais Val, Marío Domínguez, Raúl Gómez, Dani Barcia, Hugo Urdiales, Hugo Padín, Mario Nájera, Jairo Noriega, Alejandro González Bermejo, David Mella, Hugo Lemos, Víctor Guerra, Alfredo Rodríguez 'Fito', Enrique Teijo e Hugo Ríos.

Yeremay, Juan Rodríguez, Alberto, Iván Guerrero e Guille Bueno; ademais dos xuvenís Brais Suárez, Trilli e Noel López adéstranse cada día ás ordes de Borja Jiménez co primeiro equipo.

A estes futbolistas que traballan este verán cos profesionais branquiazuis pódese ir sumando algún outro do Fabril ou das categorías inferiores de #ANOSACANTEIRA, sempre en función das necesidades do Deportivo.