RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Punto e final á semana do Dépor cun último adestramento matinal en Abegondo

O Deportivo puxo hoxe o punto e final á semana cun último adestramento matinal na Cidade Deportiva.

Após unha charla no vestiario de algo máis de 40 minutos, o cadro, ademais da meta xuvenil Brais, saltou ao céspede para realizar un quecemento con balón.

A partir de aquí, os titulares onte na Malata realizaron tarefas de recuperación no vestiario, con ximnasio e paso pola padiola dos fisioterapeutas.

Para os demais, a sesión consistiu nunha tarefa de posesión, un traballo de forza e, para concluír, fútbol en espazo reducido.

O único á marxe do grupo foi Miku, que se adestrou co readaptador, Fran Molano, como vén sendo habitual nos últimos días.

O equipo ten mañá luns xornada de descanso e volve aos adestramentos o martes 23 de febreiro ás 11:00 nunha semana sen fútbol ligueiro no subgrupo A de Segunda División B.