RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Que non se baixe ningún do barco, que isto é moi longo", lembra Edu Expósito

Edu Expósito declarou aos medios de comunicación, após recibir o trofeo ao Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro, que está "doído pola expulsión. Agora toca limpar un pouco a cabeza esta semana que non hai liga por ese parón do Reus. E logo pensar xa no partido da semana seguinte", en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería (venres 22 de marzo, 21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

O centrocampista catalán recoñece que a xogada ante a UD Las Palmas que provoca a súa expulsión "é un erro meu. Vén dunha perda. Ao final instintivamente fago esta falta. Ao principio non pensei que era cartón vermello. Unha pena, pero é o que hai".

Asegura que nestes días "centrarémonos ben para saber onde estamos a fallar, para facer unha boa análise".

Preguntado pola distancia cos primeiros na clasificación de LaLiga 1|2|3, Edu recalca que "nos centramos en nós mesmos. Non temos que ver máis nada que non sexa o Deportivo. Dentro o noso grupo é fenomenal e empezar a tirar desde aí".

Advirte que "queda un mundo. Ímonos a centrar en nós. O que temos que facer é cada un sumar como temos que sumar e nada máis".

Iso si, recalca que "nos doe moito perder diante da nosa afección. Pero isto é fútbol e hai que levantarse canto antes".

A receita do '21' deportivista para retomar a senda do triunfo é "cada un coller ao compañeiro, axudándose, apoiando ao que ten á beira. É o que temos que facer, tirar para adiante e seguir confiando como fixemos desde o principio. Agora hai que levantarse".

Ve o vestiario amolado despois da derrota pero "esta semana que non imos competir vainos a vir ben para limpar a cabeza".

Edu Expósito, un dos futbolistas máis queridos pola bancada, di aos deportivistas que "aínda quedan moitas xornadas; que sigan confiando neste grupo como o fixeron ao principio; e que non se baixe ningún do barco, que isto é moi longo".

Non se sente presionado despois de afianzarse no once inicial na súa primeira temporada como profesional: "Aquí todos somos importantes. Non noto ningunha presión. Saio como todos saímos ao campo, todos xuntos".