RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Queda moito aínda e estamos xuntos para levalo a bo porto", di Vítor Silva na súa presentación

Vítor Emanuel Cruz da Silva (Penafiel, 7 de xaneiro de 1984) foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Dépor.

O centrocampista portugués, que lucirá o dorsal 25, incorporouse o pasado 19 de febreiro aos adestramentos do conxunto branquiazul.

En primeiro lugar, posou no céspede do campo 1 para os medios gráficos coa súa nova camiseta, acompañado polo Director Deportivo, Carmelo del Pozo.

Xa na sala de prensa, Vítor confesou vivir estes días no Club como "un momento de tensión porque estanche valorando. Pero moi ben. As persoas recibíronme súper ben. O grupo é moi bo. Os traballadores tamén. Foi bastante fácil".

Chega para "ser un máis e axudar no que poida, dentro e fóra. Ese é o meu traballo".

Defínese como "un xogador con características máis técnicas que físicas. Un xogador de último pase, de posesión de balón, de xerar xogo. É o meu perfil".

En canto ao equipo, veo "ben. É verdade que os resultados non son ultimamente os que queriamos. Queda moito aínda e estamos xuntos para levalo a bo porto".

Nesta liña, "sen dúbida ningunha" ve que hai opcións de ascenso directo. "Depende máis de nós que dos equipos que van diante. Sinceramente", engade.

A nivel físico, indica que se atopa ben, "obviamente non podo dicir que estou ao meu mellor nivel. Non puiden xogar co Reus pero adestraba. Seguín adestrando todos estes meses. Non tardarei moito en estar na miña mellor versión física".