RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Queijeiro e Borja Galán expresan en zona mixta a felicidade de todo un vestiario

Os dous goleadores esta mañá en Riazor, Borja Galán e Álvaro Queijeiro, atenderon á prensa na zona mixta do Estadio de Riazor ataviados cunha camiseta conmemorativa, deseñada especialmente para este novo ascenso do Fabril a Segunda División B.

O capitán Álvaro Queijeiro confesou que ao marcar o gol, segundo do partido e que certificaba xa o ascenso, experimentou unha "sensación de alegría, de satisfacción, de liberación por todo o ano, todo o que levamos traballando. É a recompensa por todo o traballo".

Non cre que o equipo tivese que soportar presión para subir: "O Club sempre nos transmitiu tranquilidade. Tiñamos a presión nosa, por facer as cousas ben. Pero o Club desde o primeiro día transmitiunos tranquilidade e que confiaba en nós".

O outro goleador hoxe na caldeira de Riazor, Borja Galán, tamén subliñou que o Club "nos quitou presión. Aínda que non fose hoxe habería máis opcións. Pero nós non queriamos que pasase de hoxe e pillar vacacións". Apuntou que hoxe "é o meu día máis feliz futbolísticamente. Veño de dous descensos, ou sexa que imaxínate".