RCD / NOVAS

"Quen teña honra que me siga", a lema de campaña do Dépor 2019-2020

10/07/2019 20:22

"Quen teña honra que me siga" gritou María Pita aos coruñeses en maio de 1589 para liderar a resistencia da cidade ante o asedio e ataque dos ingleses.

Para lembrar a un dos grandes símbolos da cidade, e para homenaxear ao Dépor ABANCA, que soubo levantarse de varios tropezos para acabar ascendendo esta temporada á liga Iberdrola, Miriam Ríos, capitá do equipo branquiazul, convértese en María Pita para liderar o alzamento do Deportivismo nesta nova temporada. "Quen teña honra que me siga", é a lema de campaña de comunicación do Dépor 2019-2020.

Detrás dela, todos os Deportivistas cun obxectivo común: loitar esta temporada para ter aos seus dous equipos o próximo ano na elite do fútbol español.