RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Quique González advirte que este xoves en ABANCA-RIAZOR "decidirán os pequenos detalles"

Quique González recalcou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "o grupo humano que hai é espectacular. Nos momentos máis difíciles, nos que tivemos que estar máis unidos, así foi. Froito diso, á parte do noso fútbol, do noso querer, da nosa insistencia estamos onde estamos".

Preguntado sobre se o Dépor é favorito, o dianteiro deportivista subliña que "non estamos para sacar peito ninguén. O Mallorca quedou encima de nós. E aquí non hai favoritos. O único que vale é o xoves. O domingo xa se verá. Agora, a pensar no xoves", en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Movistar Partidazo). "De nada sérveche ser favorito ou non. O único que temos que pensar é en facer o noso fútbol, en facer o que vimos facendo que nas últimas semanas deu os seus froitos", conclúe.

Advirte que o Mallorca "nolo vai poñer moi difícil. Está a verse que é un equipo moi difícil de gañar. Tamén o aspecto mental, o aspecto físico, as pernas... tamén inflúen. Levas moitos partidos encima, moitos partidos seguidos. Os pequenos detalles decidirán o encontro".

Recalca que os baleares son un grupo "moi ben traballado, cun bo adestrador. Coñécense moito. Vese que están aí porque o gañaron, quedaron por riba de nós na liga. Vai ser un moi bo rival, moi igualado pero nós temos que confiar en nós".

Quixo dar por anticipado as grazas á afección, que xa esgotou as entradas para o partido de ida deste xoves: "Querémos facelos gozar cunha vitoria e que gocen do camiño. Entendo que haxa moitos nervios, moitos abafos. Se facemos o que vimos facendo as últimas semanas, confiamos en gañar".

Iso si, insiste que "vai custar moito, vánnolo poñer moi difícil. Que estean tranquilos dentro da dificultade", aconsella Quique González.

A nivel persoal di sentirse "ben. Puxen todo da miña parte para estar canto antes, para axudar ao equipo. O míster é o que decide e o que se encarga de aliñar a un ou outro".