RCD / NOVAS

Quique González, con molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita

27/05/2019 23:49

O dianteiro deportivista Quique González viuse obrigado a pedir o cambio na segunda parte do encontro ante o Real Mallorca, a consecuencia dunhas molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita, pendente de avaliación médica nos próximos días.

O futbolista valisoletano foi substituído por Matías Nahuel, protagonista directo da xogada do penalti transformado por Carlos Fernández.

Máis novas de: QUIQUE GONZÁLEZ