RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

RC Deportivo e Real Madrid acordan o traspaso de Noel López

Noel López de la Fuente (Silleda, 17 de marzo de 2003) pon punto final á súa carreira formativa no RC Deportivo para continuala no Real Madrid CF. Respectando a vontade do xogador no seu penúltimo ano de contrato amateur, ambas as institucións chegaron a un acordo para o traspaso do futbolista, ademais de pactar diferentes variables en función de como se desenvolva no futuro a carreira profesional do atacante galego.

O RC Deportivo quere desexar a Noel toda a sorte no seu futuro persoal e profesional, agradecéndolle o esforzo recíproco que xogador e Club fixeron durante case unha década para que puidese completar toda a súa carreira formativa no Deportivo, desde o Benxamín B ao primeiro equipo, pasando por todas as categorías excepto o filial; logrando varios dos éxitos da Nosa Canteira como o ascenso co San Tirso SD, a Copa de España de Campións o pasado verán en Marbella ou a histórica participación do equipo xuvenil na UEFA Youth League.