RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Recordatorio importante aos accionistas do RC Deportivo de La Coruña, SAD

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, solicita a máxima colaboración e puntualidade de todos os deportivistas con relación á Xunta Xeral Extraordinaria que terá lugar no Auditorio Arao do Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco), Peirao de Transatlánticos, s/n, 15003, A Coruña, mañá martes 14 de xaneiro de 2020 ás 19:00 h.

A estes efectos, agradécese a observancia das seguintes regras por parte de todos os deportivistas para garantir a máxima puntualidade e axilidade da Xunta Xeral:

- As delegacións a favor de calquera persoa non accionista deberán rexistrarse ou ben esta tarde de 16:30 a 19:00 en Palexco, ou durante o martes 14 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 até as 17:00 en Palexco.
- As delegacións a favor de calquera persoa accionista deberán registrarseo ou ben esta tarde de 16:30 a 19:00 en Palexco, ou durante o martes 14 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 até as 17:00 en Palexco.
- Agradecemos que os deportivistas que representen a varios accionistas en virtude das delegacións recibidas realicen unha única vez o rexistro de todas as delegacións ao seu nome.
- A delegación de accións a favor dunha persoa e a posterior asistencia do accionista delegante, agradecemos que sexa tratada polo accionista delegante como unha asistencia vía invitación especial, debido á complexidade técnica do referido proceso.
- Por último, e ao obxecto de iniciar a Xunta á hora prevista, agradécese aos socios que teñen previsto asistir á Xunta, que accedan á Sala antes das 18:30 horas.