RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Resultados da fin de semana en #anosacanteira

Os dous equipos xuvenís de #ANOSACANTEIRA e o Deportivo ABANCA B retomaron a competición esta fin de semana.

O Xuvenil A impúxose (4-0) en Abegondo ao Racing de Ferrol onte sábado. Os branquiazuis pelexan co RC Celta polo liderado do subgrupo A de a División de Honra.

Pola súa banda, o partido do Xuvenil B no campo Manolo Barreiro ante o Pontevedra CF pasou de onte sábado 20 a hoxe domingo 21 debido á alerta metereolóxica derivada da borrasca Karim, que esta fin de semana afectou a Galicia. Venceron os branquiazuis (1-2) grazas a un dobrete de Martín Ochoa, o segundo no minuto 86.

O filial feminino desprazouse a Vigo para medirse ao CD Valladares. Kevin Cabado puido contar con varias futbolistas que se adestran cada día co Dépor ABANCA e teñen minutos de xogo na Primera Iberdrola: Patri López, Carlota, Eva Dios ou María Figueroa. Eva acaba de chegar de Marbella, onde estivo concentrada coa selección española sub-19. O CD Valladares pouco puido facer para frear ás deportivistas (0-7).

Tamén xogou o Fabril, despois de que o Xuíz de Competición da Federación Galega de Fútbol establecese as datas para a celebración dos partidos que ten aprazados debido á pandemia de COVID-19 no subgrupo A de a Terceira División.

Así, o encontro do filial deportivista en Arzúa ante o CSD Arzúa (xornada 15ª) celebrouse hoxe domingo 21 de febreiro no campo de O Viso.

Juan Carlos Valerón recibiu o reforzo do dianteiro coruñés Adri Castro, que se adestra diariamente con Rubén de la Barrera no primeiro equipo. Con todo, esta vez non houbo puntaría e o CSD Arzúa levou o partido pola mínima (1-0).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
Subgrupo A, 15ª xornada: CSD ARZÚA 1 - FABRIL 0

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 14ª xornada: CD VALLADARES 0 - DEPORTIVO ABANCA B 7 (Eva Dios, Tati -2-, Carlota, Nuria Torres, Andrea Ansede e Laura Testa)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 16ª xornada: XUVENIL A 4 (Nájera -2-, Nico e Fito) - RACING DE FERROL 0

Liga Nacional, subgrupo A, 13ª xornada: PONTEVEDRA CF 1 - XUVENIL B 2 (Martín Ochoa -2-)