RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con 4 triunfos e 1 derrota hoxe domingo

Dous equipos máis de #ANOSACANTEIRA, Deportivo ABANCA B e Infantil A, iniciaron a competición oficial. Así pois, só quedan os alevíns e benxamíns por entrar en xogo.

En Terceira División, o Fabril impúxose con toda xustiza (4-1) ao Alondras CF na Cidade Deportiva, con tantos de Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro.

Ademais destacou o dobre derbi en categoría xuvenil ante o RC Celta: na División de Honra hoxe domingo en Abegondo (0-2); e en Liga Nacional onte sábado na Madroa (Vigo), saldado con polémico triunfo celtista (1-0), debido a un gol anulado ao deportivista Nájera, con 1-0 no marcador, por dudosísimo fóra de xogo.

Competiron tamén na Cidade Deportiva o xa citado Deportivo ABANCA B (6-1 ao CD Valladares), Cadete B e Infantil A (7-0 e 3-0 respectivamente ao CD Lugo) e Infantil B (5-0 onte sábado ante o Imperátor OAR); e lonxe de Abegondo, ademais do Xuvenil B, o Cadete A (0-5 en San Pedro de Visma 1 fronte ao CD Calasanz).

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Terceira División
3ª xornada: FABRIL 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - ALONDRAS CF 1

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 6 (Carlota -2-, Patri López, Patri Díaz, Ainhoa e Aroa) - CD VALLADARES 1

Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A 0 - RC CELTA 2

Liga Nacional, 2ª xornada: RC CELTA B 1 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CD CALASANZ 0 - CADETE A 5 (Seydiba, Hugo Baldomar, Nico, Mella e Martín)

Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: CADETE B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD LUGO B 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 1ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - INFANTIL A 7 (Jorge García -2-, Oreiro, Zoe, Héctor -2- e Pablo)
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A 3 (Lucas e Jorge -2-) - CD LUGO 0

Primeira Autonómica, grupo 1º, 2ª xornada: INFANTIL B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - IMPERÁTOR OAR 0