RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo, co Fabril en Lugo e o Infantil A en A Coruña

O triplo duelo na Coruña ante o Ural CF en xuvenís (3-0 na División de Honra), cadetes (2-3 en Liga Galega) e infantís (Liga Galega mañá domingo ás 10:15 na Leyma) figura entre o máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O outro partido lonxe da Cidade Deportiva é o do Fabril, que após xogar un dos seus partidos máis completos a pasada fin de semana ante o Rápido de Bouzas, visita ao Polvorín FC lucense mañá domingo ás 13:00 horas.

A novidade no lista do filial é Youssoef Yalike (17 de xaneiro de 1999, Abiyán - Costa do Marfil). Chega ao mediocentro fabrilista para esta temporada e a próxima.

Completan a citación: Boian, Álex Cobo, Parga, Martí Vilà, Mujaid, Valín, Gandoy, Eimil, Villares, Aarón Sánchez, Jawed Boumeddane, Novo, Mario Losada, Pedro, Javi Sánchez e David Sánchez.

Os demais choques foron en Abegondo hoxe sábado: Deportivo ABANCA B (1-0 ante o CD Monte), Xuvenil B (3-0 fronte ao Pontevedra CF), Cadete A (5-1 ante o AJ Lérez) e Infantil B (5-0 ante o Victoria CF B).

Finalmente, hai parón ligueiro para alevíns e benxamíns. Por este motivo, Alevín B e Benxamín B disputaron o pasado martes en Abegondo un amigable ante os respectivos equipos do Galicia Caranza.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
10ª xornada: POLVORÍN FC - FABRIL, o domingo 27 de outubro ás 13:00 na Cheda (Lugo)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Aroa) - CD MONTE 0

Categoría xuvenil
División de Honra, 8ª xornada: URAL CF A 3 - XUVENIL A 0

Liga Nacional, 8ª xornada: XUVENIL B 3 (Nájera -2- e Do Carmo) - PONTEVEDRA CF 0

Categoría cadete
División de Honra, 8ª xornada: CADETE A 5 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Martín Ochoa -2-) - AJ LÉREZ 1

Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: URAL CF B 2 - CADETE B 3 (Iván, Seydiba e Mella)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 8ª xornada: URAL CF A - INFANTIL A, o domingo 27 de outubro ás 10:15 no campo da Leyma

Primeira Autonómica, grupo 1º, 8ª xornada: INFANTIL B 5 (Óscar -2-, Memet, Íker Gil e Diego) - VICTORIA CF B 0

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 7 (Paulo -2-, Ioan -2-, Ronquete, Alberto e Yago Trigo) - GALICIA CARANZA 0

Categoría benxamín
Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN B 3 (Mateo, Thiago e Leo) - GALICIA CARANZA 0