RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados en #ANOSACANTEIRA onte sábado, co Fabril e Dépor ABANCA B en xogo hoxe domingo

O triunfo (5-0) do Cadete A en Abegondo antonte venres ante o Racing de Ferrol abriu o calendario de partidos oficiais en #ANOSACANTEIRA para a fin de semana. O choque entre deportivistas e ferroláns pertence á 3ª xornada na División de Honra.

O outro partido da fin de semana na Cidade Deportiva foi o do Xuvenil B, que onte sábado 21 caeu no desconto do seu partido ante ao Ourense CF (4-5).

Os demais equipos xogan lonxe de Abegondo. Deles, o partido máis destacado é o do Fabril, que visita á SD Compostela hoxe domingo ás 19:00 horas no Estadio de San Lázaro. Fronte a fronte estarán dous dos equipos fortes da categoría.

Luisito, técnico fabrilista, citou aos seguintes xogadores: Álex Cobo, Boian, Eimil, Íñigo Reinoso, Parga, Bourdal, Yuste, Valín, Martí Vilà, Novo, Kanoute, Aarón, David Sánchez, Villares, Pedro, Mosquera, Jawed Boumeddane e Mario Losada. 

Son baixa obrigadas Javi Sánchez, lesionado nun adductor; e Gandoy e Mujaid, en Cádiz co primeiro equipo.

O campo das Relfas de Vigo (Deportivo ABANCA B ante o Sárdoma CF o domingo); o de Covadonga en Xixón (0-1 do Xuvenil A ante os Roces onte sábado), o Novo Municipal da Estrada (1-2 do Cadete B fronte ao Escola Estrada Fútbol Base) e o campo da Leyma da Coruña (2-5 do Infantil A o Victoria CF e tamén 2-5 do Infantil B fronte ao ADC Obradoiro, os dous o sábado) son os escenarios do resto de encontros dos conxuntos branquiazuis.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
5ª xornada: COMPOSTELA - FABRIL, o domingo 22 de setembro ás 19:00 en San Lázaro

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 2ª xornada: SÁRDOMA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de setembro ás 12:00 nas Relfas (Vigo)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: ROCES 0 - XUVENIL A 1 (Peke)

Liga Nacional, 3ª xornada: XUVENIL B 4 (Carracedo, Portas, Noel e Padín) - OURENSE CF 5 

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: CADETE A 5 (Álex, Embid, Cristian, Diego e Martín) - RACING DE FERROL 0

Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE 1 - CADETE B 2 (Xosé e Mella)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 3ª xornada: VICTORIA CF 2 - INFANTIL A 5 (Oreiro, Beade, Jorge García -2- e Dani Estévez) 

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: ADC OBRADOIRO 2 - INFANTIL B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas)