RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Richard Barral deixa de ser director deportivo do Real Club Deportivo

O Consello de Administración do Real Club Deportivo e Ricardo Barral Iglesias, director deportivo do Club, acordaron esta tarde, de conformidade cos termos da relación contractual vixente, que este finalice as súas actuais funcións na entidade. Richard Barral incorporouse á estrutura profesional branquiazul en xuño de 2014 como director de planificación deportiva.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Richard Barral todo o traballo realizado durante estes máis de 3 anos na institución, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal.