RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rindaroy, Morel e Felipe, oficialmente branquiazuis

Os laterais zurdos Morel e Rindaroy; e a meta Felipe presentáronse esta tarde en Riazor oficialmente como novos xogadores do Deportivo. Ao acto asistiron unhas 400 persoas na Tribuna Inferior do Estadio. O Presidente Augusto César Lendoiro e o Cons

En primeiro lugar saltou ao terreo de xogo o noruegués Rindaroy. Uns toques de balón, dous ou tres carreiras para a prensa gráfica e chute do esférico á bancada para deleite dos deportivistas alí congregados. A continuación a quenda foi para Morel, que seguiu o mesmo ritual. José Luís Naya, desde a megafonía, lembrou o gran partido que fixo a súa Selección, Paraguai, ante España no último Mundial de Sudáfrica no que estivo presente o novo xogador zurdo do Dépor. Nervioso ao principio, Claudio foise relaxando e repartiu sorrisos e autógrafos cos afeccionados.
 
O último en saltar ao terreo de xogo foi Felipe, quen debutou o pasado domingo en Roma ante a Lazio. Moi aplaudido pola bancada foi o novo porteiro do Club, cun interesante curriculum nas categorías inferiores da Selección Española.
 
Xa na sala de prensa, Lendoiro deulles a benvida. Lembrou que Rindaroy chega cedido e que o Deportivo ten a posibilidade de compralo para o próximas catro tempadas; para o que debe exercer este dereito no mes de marzo, coincidindo co inicio da competición oficial para o Molde noruegués, o seu Club de procedencia. "A cantidade é moi alcanzable", indicou o Presidente deportivista, quen por motivos de confidencialidade preferiu non facer pública a cantidade exacta.
 
Morel, que fichou polas dúas próximas tempadas, mostrouse "feliz" pola súa nova aventura profesional. Quixo agradecer antes de nada o interese demostrado polo Deportivo e por Lotina para ficharlle. Así mesmo, espera "non defraudar a ninguén" e mostrouse "con moitas ganas e ilusión" de estar canto antes listo para debutar, decisión que deixou loxicamente en mans de Lotina para este domingo ante o Real Zaragoza.
 
Así mesmo, Rindaroy mostrouse a gusto no seu novo Club. Axudado ante os medios informativos pola intérprete do Deportivo, Monica Fraga, o futbolista noruegués cre que chega a unha "gran Liga".