RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Roy Makaay apadriña na Haia á Peña Deportivista Zuid Holland

O Deportivo xa conta cunha nova peña deportivista en Europa, concretamente en Holanda. Grazas ao deportivismo do coruñés Manel Méndez, a agrupación Zuid Holland foi presentada onte oficialmente na súa sede na cidade da Haia, nas instalacións do SV die Haghe.

O sinxelo acto foi apadriñado por un dos grandes dianteiros que pasou por ABANCA-RIAZOR en toda a súa historia, o holandés Roy Makaay, que recibiu un recordo do Club de mans do propio Manel Méndez.

Esta nova peña deportivista fíxase como meta alcanzar o medio centenar de socios nos próximos días, segundo afirmou Méndez, ao que acompañaron 25 dos 38 socios, ademais de José Antonio Miranda, vicepresidente, Vicent Groen, tesoureiro, e Jan-Willem Burema, voceiro.

#ANOSAFORZA está moi viva, tal e como demostran os 17.289 socios cos que xa conta o Club nesta temporada, convertendo ao Dépor no equipo con máis abonados de Primeira RFEF e superando a moitos clubs de Segunda e mesmo de Primeira División.