RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera cre que "o efecto da vitoria de hoxe tennos que empuxar definitivamente"

Rubén de la Barrera subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "tivemos unha entrada ao partido moi, moi boa. Após ese gol o partido vai cara ao que o Pontevedra CF pretende: buscar unha e outra vez aos seus xogadores máis adiantados, incidindo no seu xogo a Rufo e Charles. E iso era algo que tiñamos que evitar, que xogasen lonxe da nosa área e a partir de aí que todas as posibilidades que tivesen non nos xerasen desequilibrios por fóra. Creo que se controlou ben o partido fóra dese minuto 89 con ese córner e ese segundo balón xerado de rexeite. Eles puideron acabar xogada. Victoria fundamental e resaltar o traballo de todos".

O técnico deportivista insiste en que o triunfo é "fundamental, moi importante. ¿Cara a onde miramos? Cara ao próximo partido alí contra o Celta B. Imos ir a gañar porque o temos que gañar. Quedan seis puntos en xogo e temos que tentar sumar a maior cantidade de puntos posibles. E como o seguinte é o domingo e en Vigo, a por iso imos".

Apunta que "o efecto da vitoria de hoxe tennos que empuxar definitivamente porque nos vimos de varias formas estas semanas. Agora mesmo atópasche con que todo o mundo ten algo que perder. Equipos cos que a priori un pensaba que podían optar a estar arriba pois vanche facendo graza. Pero chega nun momento no que aínda que iso ao principio non o contemplabas, aparecen os medos a perder todo o gañado. E iso a nós tennos que axudar, tennos que impulsar. Cando a xente está enchufada, está metida, cando se compromete e vai de verdade, seremos un equipo moi complicado de bater adecuándonos ás circunstancias actuais".

Pola súa banda, Luisito, adestrador do Pontevedra CF, admite que nos primeiros minutos "non atopo explicación para saír tan despistados. Falamos que eles facían saque de banda, e márcannos un gol aos tres minutos nun saque de banda. Foi a única ocasión que tiveron que para min non é ocasión, é un tiro desde fóra da área que Keko meteu un gol impresionante. A partir de aí o equipo estivo moito mellor sen ter grandes ocasións de gol. Pero o Deportivo esperaba e contragolpeaba. En 90 minutos non nos fixo nin un 'uy'. O noso porteiro non fixo unha parada".

Na segunda parte lamentouse da ocasión de Adrián, na que Lucho "estivo espectacular. Fixo unha parada de partido".