RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Rubén de la Barrera sostén que "o gol nos condiciona claramente"

Rubén de la Barrera recoñeceu ao finalizar o encontro na Malata que a situación "se complicou moito por non dicir que esta foi a última bala para entrar entre o tres primeiros. Esa é a realidade".

Sostén que agora "o discurso ten que ser afrontar o partido do Pontevedra como o temos que afrontar, coa opción de gañar o partido. Non mirar para o partido ante o Zamora sen antes non xogar os dous partidos que temos. É Pontevedra, é prepararse e é rebentar. É saír a matar, xogar matando. Son tres puntos que teñen que caer do noso lado si ou si".

O técnico deportivista opina que "na primeira parte tivemos opcións de adiantarnos no marcador. Na segunda parte queriamos ampliar todo iso que fixeramos na última media hora da primeira. E ocorreu o contrario. Unha xogada illada na que eles fan o gol, mal defendida desde o primeiro momento da mesma. A partir de aí viñeron quince, vinte minutos onde non estivemos. O partido acaba coa sensación de que ti chegas, metes o balón á área, tes algunha opción; pero durante vinte minutos estivemos sen xogar".

Insiste en que "o gol nos condiciona claramente. Houbo aí 20, 25 minutos nos que o equipo non estivo. Esa é a realidade".

Promete a #ANOSAFORZA Rubén de la Barrera "dar o máximo, empuxar a todo o cadro para centrarnos no que vén, o Pontevedra, que é outra opción. Temos que gañar, temos que competir e todo o que facemos mal témolo que cambiar. Temos que ir, temos que querer gañar, temos que querer xogar, temos que ir a por os resultados. Esa é a realidade, e máis agora".

Non se arrepinte de fichar polo Dépor, é máis, "isto volveríao a facer unha e mil veces. Este é o Club da miña vida e quero pelexar e conseguir o que viñemos a facer aquí. O primeiro obxectivo complicouse moitísimo por non dicir que se puxo imposible. E agora eu céntrome en preparar da mellor maneira o partido do Pontevedra".