16/04/2018 22:11 |
"Ter mañá o Estadio cheo é un punto a favor para nós", opina Lucas
Rudy e Lucas retiráronse esta tarde do adestramento vespertino do Deportivo en Abegondo. O primeiro sofre unhas molestias no xemelgo da súa perna dereita, pendente de evolución nas próximas horas. Pola súa banda, o atacante coruñés padece unha escordadura do ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo, e será baixa para a xira de Colombia.