RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sabin Merino reta ao deportivismo: "A ver se conseguimos ser polo menos 28.000 en ABANCA-RIAZOR o venres"

Sabin Merino, após recibir o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro, retou ao deportivismo este venres (21:00 horas, Gol) en ABANCA-RIAZOR: "Espero un ambiente un pouco na liña dos últimos días. Cada partido imos en aumento en capacidade. O meu primeiro partido aquí eran 20.000; contra o Cádiz 24.000; o outro día contra a UD Las Palmas 27.000. A ver se conseguimos que polo menos sexan 28.000 e que nos empuxen e lévennos a gañar".

O dianteiro deportivista advirte que aínda que o Girona FC sexa un dos equipos potentes de LaLiga SmartBank, "en Segunda División todos os equipos son moi competitivos e difíles. O Girona é un equipo moi completo, con grandes xogadores. Pero tamén o era o Cádiz CF. En ABANCA-RIAZOR podemos gañar a calquera, e fóra de casa tamén. Pero en ABANCA-RIAZOR, co plus do público, na situación na que estamos agora mesmo, podemos facer fronte a calquera e porlle as cousas moi difíciles".

Asegura sentirse ben após perderse por lesión o encontro do pasado domingo en Alcorcón: "Onte adestrei normal, sen molestia. Non sei se para o venres estarei, espero que si. De momento vou moi ben, que é o que importa. Cada día que pasa estarei aínda mellor. Para o venres quedan bastantes días aínda. O importante é adestrar con normalidade e sen molestias. Xa veremos pero as condicións nas que estou son boas e serán mellores o venres", engade.

Recoñece que a dinámica do equipo é "moi boa. O outro día non puiden xogar, xoga Mama (Koné) e mete gol. Ao final é o bo de ter un cadro amplo e moi competitivo. Todos temos que apertar porque queremos xogar".

Mostrouse agradecido á xente porque "valora o meu traballo. Levaba moito tempo sen xogar e chegar a un Club como este, coa masa social que ten, e que a xente me valore e considere para darme un premio, para min é moi importante e faime moi feliz".

Após recibir hoxe o Premio ao Xogador Estrella do mes de xaneiro e o vindeiro venres o de mellor xogador do mes en LaLiga SmartBank, Sabin Merino opina que "atopei un punto de madurez que quizais outros anos non tiven, á parte dos minutos que necesitaba. Xuntando un pouco todo, creo que estou no meu mellor momento. Independentemente dos trofeos, quero seguir así e mellorar cada día porque considero que teño moita marxe de mellora".

O atacante branquiazul recalca que o obxectivo do equipo "é claro. Cada día estamos máis lonxe, que é o importante. Unha vez estar fóra, afastarnos o máximo posible, conseguir as vitorias que o míster nos pide. E a partir de aí, a seguir e tentar pelexar por calquera cousa".