RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz: "Confío nos meus compañeiros e entre todos imos sacar isto adiante"

Salva Ruiz pasou esta tarde pola sala de prensa de Abegondo.

Advirte que "aínda é pronto para ver resultados porque levamos un partido. Pero nós temos claro que imos saír de aí, que hai equipo para iso. E imos traballar máis que ninguén para tentar reverter esta situación".

O lateral deportivista confesa que no seu caso "non teño ningún problema de medo, de bloqueo. Non sei se algún compañeiro pódeche dicir se o ten. Estou convencido de que imos sacar isto adiante, de que hai un gran equipo. Confío nos meus compañeiros e entre todos imos sacar isto adiante".

Na súa opinión, sáese da zona baixa da clasificación "traballando máis que nunca. Agora co novo míster, aprendendo rápido as ideas que está a introducir día a día. Con moitas ganas e traballo, nada máis".

Explica que "desde os primeiros adestramentos, o míster quixo introducir as súas ideas, a súa forma de xogar. É certo que non soubemos o domingo implementalas ou non soubemos como levalas a cabo. Hoxe vendo as imaxes nós mesmos recoñecémolo que non fixemos o que o míster nos pediu. Tivo moi pouco tempo e ha ir en grao sumo sinxelo todo o máis complicado".

Subliña que Luis César "quere que esteamos xuntos, que non quere dicir atrás, se non que se imos todos cara a adiante, vaiamos cara a adiante; e se imos atrás vaiamos cara atrás. E logo en ataque que sexamos un equipo atrevido e agresivo, que busque ser vertical".

Do partido deste domingo ante o Málaga CF en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos), non cre que sexa unha final porque "tamén fai 5 xornadas estabamos aí abaixo e necesitabamos gañar si ou si. A motivación debe ser sempre a mesma. Esta semana imos traballar ben. O Málaga é verdade que está nunha situación difícil como nós pero ten bos xogadores tamén".