RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz: "Dámoslle moita importancia ao partido do Málaga para estar tranquilos os últimos tres"

Salva Ruiz foi o protagonista hoxe na sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das súas frases.

A permanencia, moi preto
"A sensación é que estamos a un pequeno paso da salvación. Pensamos que cunha vitoria estaría virtualmente feito, dependendo dos demais resultados. Dámoslle moita importancia ao partido do Málaga para estar tranquilos os últimos 3 partidos".

Remontar partidos na "nova normalidade"
"Houbo partidos como o do Rayo ou do Oviedo que empezamos xogando mal e logo tivemos que remontar. Pero houbo outros como o do Tenerife ou do Huesca que non empezamos mal, empezamos ben pero por unha cousa ou outra tivemos que ir a remolque. E a cousa saíu ben. Aí demostra que o equipo está ben, que ten confianza, que ten ganas e que o equipo vai pelexar até o final".

Partido en Málaga
"Vai ser un partido moi difícil. Estamos practicamente empatados a puntos. Eles tamén xogan os cartos. Para nós é unha final. Se gañamos estaremos practicamente salvados. En principio vai facer moita calor e creo que vai ser un factor importante".

Alivio ou responsabilidade
"Sentimos certo alivio porque de non gañar onte estás 1 partido, a 1 punto, a unha posible derrota fóra de ABANCA-RIAZOR que che deixa a expensas dos demais. Ao gañar onte estamos un pouco máis tranquilos, dános confianza. Pero aínda non certificamos nada, aínda non están feitos os deberes ao 100 % e hai que conseguir a vitoria en Málaga".

Fernando Vázquez
"Soubo sacar o mellor de cada un, soubo resetearnos, darnos plena confianza a todos e facer que xoguemos o mellor que sabemos, sen ningunha presión. Foi moi intelixente, ten moita experiencia e soubo facer moi ben as cousas".

"Viñamos dunha moi mala dinámica. Ningún dos 2 adestradores que tivemos ao principio conseguiu sacar o mellor de equipo, por unha circunstancia ou por outra. O míster deu coa tecla. Non é que teña ningunha varita pero soubo facer o que tiña que facer. Agora a verdade que están a funcionar ben as cousas e ten gran parte do mérito do que está a suceder".

Once de inicio onte xa no cadro desde agosto
"No fútbol a cabeza, a confianza, os estados de forma son moi importantes. Agora mesmo o equipo está con moita confianza. O míster deunos a todos esa confianza, esas ganas de loitar, de pelexar, de sacar o mellor de nós mesmos. Esa foi a clave onte e nestes últimos partidos".

Puntos necesarios para a salvación
"O que din as estatísticas son os 50 puntos. Este ano estaba bastante caro o descenso pero 1 punto arriba ou 1 punto abaixo estará ao redor dos 50 puntos".

Único equipo sen perder nesta "nova normalidade"
"Desde que empezou a segunda volta vimos facendo moi ben as cousas, non só desde despois do parón. Levamos 4 ou 5 meses a moi bo nivel. Ademais o parón veu cando empezamos a perder un par de partidos e veunos ben. Traballamos moi ben nesta mini pretemporada e os resultados están aí".

Corta a temporada
"O que temos que pensar é que o da primeira volta non pode volver suceder e non debería de pasar. A liga dura o que dura e xa está".

Equipo solto, cómodo con balón
"Cando chegou Fernando estabamos nunha situación moi mala. Tiñamos que empezar polo máis sinxelo, xuntarnos atrás, facer ben as cousas, non cometer erros e ir crecendo a partir de aí. É moi difícil que estando na situación na que estabas empeces a xogar a fútbol como os anxos polo tema da confianza, da presión. É verdade que agora cos resultados danche esa confianza. O míster tivo tempo de traballar outras cousas, outros automatismos e iso estase demostrando nos últimos partidos".

Horario de Málaga pese á calor
"Vendo a temperatura que vai facer é un risco para os xogadores. Pero nós non somos os que decidimos iso e teremos que acatar o que digan".