RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz: "Este ano pode ser moi bonito se se fan as cousas ben e o equipo está unido"

Salva Ruiz pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Estas foron algunhas das frases do lateral zurdo deportivista.

Nova temporada no Dépor
"Afróntoa con moitas ganas, sobre todo pola forma que acabou a temporada pasada, co descenso; e persoalmente cos problemas de lesións e falta de continuidade. Teño moitas ganas de axudar ao equipo nesa volta a Segunda, que é un obxectivo moi importante tanto para o grupo como para o Club. Este ano pode ser moi bonito se se fan as cousas ben e o equipo está unido".

Posición de lateral zurdo
"Todas as posicións están moi ben cubertas con 2 xogadores de calidade por posición. Neste caso no lateral zurdo somos 2 xogadores con experiencia en Segunda e mesmo con algún partido en Primeira.

É unha posición (a de lateral zurdo) moi ben cuberta. Espero achegar seguridade defensiva. E logo gústame incorporarme ao ataque como podedes ver".

Valoración do cadro e de Héctor, o outro lateral zurdo
"Fíxose unha boa mestura entre xogadores veteranos con experiencia e mocidade tanto da casa como de fóra. Tamén sobre todo xogadores comprometidos que viñeron aquí a axudar ao obxectivo e non mirar polo ben individual. Iso é moi importante.

Agora mesmo o equipo está con moitas ganas de empezar a temporada. E durante a pretemporada viuse ao equipo traballando moi ben e moi unido.

Respecto de Héctor é un xogador con moita experiencia no fútbol profesional. É forte, rápido e seguro que me vai a poñer as cousas difíciles. Pero iso é bo para o equipo sobre todo".

Preparado para o inicio de liga
"Foi unha pretemporada longa porque nun principio estaba a opción de que empezásemos antes. Traballamos duro. Nestes partidos notouse a carga de traballo. Agora nestas semanas de competición, coa carga máis axustada á semana de partido, estamos ben preparados e co necesario para facer un bo inicio de liga".

Debut en ABANCA-RIAZOR ante o Salamanca CF
"Eu creo que vai ser un partido complicado, como todos os desta categoría. Pero tamén con ese plus de que vai ser o primeiro partido e todos temos ganas de facelo ben, de agradar e sobre todo de gañar. Esperemos que iso non se traduza en nerviosismo senón en ganas; e consigamos facer un bo partido porque o preparamos ben durante esta pretemporada".

Favoritos ao ascenso
"É certo que é o noso gran obxectivo e estamos a traballar para iso. Como estamos a falar no vestiario, con que cheguemos co escudo ao estadio non imos gañar. O que temos que facer é chegar ao primeiro partido e demostralo. Iso é o que temos en mente e o que imos tratar de conseguir".