RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz non continuará no RC Deportivo

Salvador Ruiz Rodríguez (Albal, 17 de maio de 1995) non continuará xogando no RC Deportivo. O lateral valenciano chegara ao Dépor hai dúas temporada e finaliza a súa carreira como Deportivista con 43 partidos, 2 asistencias e 3.319 minutos vestido de branquiazul.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente ao seu traballo, achega ao equipo e actitude positiva durante esta etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais.