RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Salva Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020

O Real Club Deportivo, a Valencia CF e Salva Ruiz chegaron a un acordo para o traspaso, con dereitos sobre futuras operacións, do lateral esquerdo do conxunto ché, que se vincula ao Dépor para as 3 próximas temporadas.

Salvador Ruiz Rodríguez (Albal, Valencia, 17 de maio de 1995) formouse nas categorías inferiores da Valencia, desde as que chegou cedido a Tenerife, Granada e Mallorca, sendo o conxunto balear no que tivo a oportunidade de disputar unha vintena de partidos no fútbol profesional, xunto aos máis de 70 disputados no filial valencianista no grupo III da Segunda División B.

Igualmente, Salva Ruiz foi internacional en case todas as categorías inferiores da selección española, coa que proclamouse campión de Europa sub-19 en 2012.