RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sara Álvarez renova co Dépor ABANCA

Sara Álvarez Álvarez (O Rosal, 1 de abril de 2003) renova por unha temporada o seu compromiso co Deportivo ABANCA, o que supón ademais a súa incorporación definitiva á dinámica de traballo do primeiro equipo branquiazul en pretemporada e durante o traballo anual. A central internacional sumarase aos adestramentos do equipo de Primeira Iberdrola con ficha do filial.

Esta temporada co Deportivo ABANCA B xogou 17 partidos, todos como titular, un total de 1.550 minutos e anotou 3 goles.

A renovación de Sara únese ás de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino, Noelia Villegas e Carlota Sánchez; e ás fichaxes de Noelia Bermúdez, Stephannie Branco e Helena Torres.