RCD / NOVAS

Sara Álvarez repite convocatoria coa selección española sub-17

28/01/2020 21:05

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez repite convocatoria coa selección española sub-17, neste caso para uns adestramentos na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid), do luns 3 ao mércores 5 de febreiro.

Sara Álvarez acudirá á concentración tralo partido que o seu equipo disputará en Abegondo o sábado 1 de febreiro (15:45) ante o Viajes InterRías FF, líder do grupo 1º de Primeira Nacional.

A defensora branquiazul xa estivo concentrada a mediados deste mes de xaneiro e participou no triunfo español ante Alemaña (3-1) nun amigable en Salou. Sara saltara ao terreo de xogo no minuto 70 con 1-1 no marcador, nun partido que se decidiu na recta final a favor das españolas (3-1), con 'hat-trick' de Giovana Queiroz.