RCD / NOVAS

Satisfactorio paso polo quirófano de Alba Merino

26/02/2020 22:10

Alba Merino foi intervida cirurxicamente con éxito hoxe mércores 26 de febreiro polo Doutor Carrero no Hospital Quirónsalud A Coruña da fractura que sufriu na súa clavícula dereita no transcurso do encontro de Primera Iberdrola ante a Real Sociedad en Abegondo.

A centrocampista do Deportivo ABANCA, que permanecerá ingresada no citado centro hospitalaria até mañá, terá que estar inmobilizada 2 semanas. A continuación, iniciará tratamento de fisioterapia e rehabilitador a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo.