RCD / NOVAS

Saúl e Borja, cos #Deportivistas en Orange A Coruña

18/10/2018 19:53

O lateral cántabro do Dépor Saúl García e o dianteiro berciano Borja Valle compartiron unha hora de agradables encontros cos deportivistas que se pasaron pola tenda Orange da praza de Pontevedra, esquina Teresa Herrera.

Os xogadores do Dépor, nun acto organizado por LaLiga e Orange, repartiron sorrisos e alegría, ademais de autógrafos, fotos e merchandising de LaLiga entre todos os deportivistas, sobre todo nenos e nenas, que se achegaron a coñecer aos futbolistas, ademais de darlles o parabén polo bo arranque de temporada e deixarlles bos desexos para o que resta de competición.

Máis novas de: SAÚL GARCÍA, BORJA VALLE