RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Saúl e Borja Valle, o vindeiro xoves ás 18 h. na tenda Orange de Praza de Pontevedra

Os afeccionados do Real Club Deportivo teñen unha cita co lateral esquerdo Saúl García e co dianteiro Borja Valle na Tenda Orange de Praza de Pontevedra na Coruña. Os xogadores branquiazuis estarán con todos os afeccionados que o desexen este xoves, 18 de outubro, de 18:00 a 19:00 h. para asinar autógrafos e facerse fotografías cos seguidores.

Ademais sortearanse dúas entradas dobres para asistir ao encontro da Xornada 11 entre o Dépor e o Reus Deportiu do día 27 de outubro ás 16:00 horas, ademais de merchandising oficial de LaLiga e 25 camisetas do equipo.