RCD / NOVAS

Saúl García, cedido ao Numancia até final de temporada

08/01/2018 13:30

O Real Club Deportivo, o Club Deportivo Numancia de Soria e Saúl García Cabrero (Vioño de Piélagos, 9 de novembro de 1994) chegaron a un acordo para a cesión do lateral branquiazul até final de temporada ao equipo de LaLiga 1|2|3.

O Real Club Deportivo quere desexar a Saúl toda a sorte nesta nova etapa profesional que vai afrontar en terras castelán-leonesas.

Máis novas de: SAÚL GARCÍA