RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Segundo amigable de José Rodríguez coa Selección Sub-21 de España

- Foto: RFEF-   Mañana luns 30 de marzo, ás 20:30 horas en Lleón, a Sub-21 españonda, con José Rodríguez entre os convocados, enfróntase a Bielorrusia no seu segundo encontro amigable, co que se pechar&aac

Sam Piette, do Fabril, visita con Canadá a Porto Rico
 
Tamén mañá luns 30, a selección de Canadá, na que se atopa Sam Piette, visitará a Porto Rico noutro encontro de preparación. O fabrilista foi titular e xogou o noventa minutos o pasado venres ante Guatemala (1-0), en partido de preparación disputado en Florida, sen público.
 
Cavaleiro incorpórase hoxe á concentración da Selección Absoluta de Portugal
 
Iván Cavaleiro incorpórase hoxe domingo 29 de marzo en Lisboa á concentración da Selección Absoluta que dirixe Fernando Santos, para o partido amigable ante Cabo Verde do martes 31 de marzo ás 20.45 (hora local) en Estoril.
 
O pasado xoves, o atacante deportivista disputou coa Sub-21 a primeira metade do empate sen goles fronte a Dinamarca na localidade portuguesa de Marinha Grande. O equipo luso estivo a bo nivel e o xogador branquiazul dispuxo dalgunha que outra oportunidade para marcar.
 
Medunjanin xogou onte os últimos 13 minutos en Andorra
 
Haris Medunjanin, con Bosnia Herzegovina, foi suplente en Andorra, no Stadi Nacional de Andorra a Vella, onte sábado. O deportivista saltou ao céspede no minuto 77. Gañaron os bosníacos (0-3) un encontro clasificatorio para o Campionato de Europa 2016.
 
No segundo partido, este amigable, Bosnia enfróntase a Austria no Estadio Ernst Happel de Viena, o martes día 31 ás 20:30 horas.
 
Celso Borges prepárase para o amigable de Costa Rica en Panamá
 
O segundo amigable para Costa Rica e Celso Borges será o vindeiro martes 31 de marzo en Panamá ante o combinado centroamericano.
 
Celso Borges disputou o noventa minutos do encontro de preparación que a súa selección, Costa Rica, xogou ante Paraguai o pasado xoves no Estadio Nacional de San José, e que finalizou con empate sen goles (0-0).