RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Emocionante xornada en ABANCA-RIAZOR para 250 nenos e nenas da Escola RC Deportivo

Ao redor de 250 alumnos e alumnas pertencentes ás sedes de Alvedro, Zas, Outes, Sada, Colexio Jesuitinas e Diversidade Funcional da Escola RC Deportivo viviron unha emocionante xornada dominical en ABANCA-RIAZOR.

A mañá arrincou cunha foto oficial na bancada de Tribuna do estadio.

A continuación, os nenos e nenas gozaron dunha visita ao Estadio de ABANCA-RIAZOR. Todos eles sentaron nos bancos, pasaron polo túnel de vestiarios e pisaron o céspede nun emocionante percorrido.

A mañá concluíu coa asistencia ao partido entre o Xuvenil A e o CD Tenerife dos cuartos de final da Copa de Campións.

A Escola RC Deportivo está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira deportivista, independentemente do seu nivel de práctica.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.