RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Segundo partido de España sub-20 e Eva Dios fronte a Costa Rica, mañá domingo en San José

A xogadora do Dépor ABANCA Eva Dios está concentrada na selección española sub-20 para disputar dous amigables fronte a Costa Rica coincidindo cun parón da liga previsto en Reto Iberdrola.

O segundo deses partidos, co que se porá o punto e final a esta concentración, será mañá domingo 19 de setembro ás 12:00 (hora local, 20:00 horas de España) o Estadio Nacional de San José.

O primeiro dos devanditos encontros entre ambos os combinados nacionais xogouse na madrugada do xoves ao venres no citado Estadio Nacional de San José, capital de Costa Rica.

O triunfo caeu claramente do lado español (0-5). Eva Dios saltou ao campo no minuto 76 en substitución de Ornella Vignola.

O amigable formou parte dos actos de celebración do Bicentenario da Independencia de Costa Rica e asistiu unha ampla representación do Goberno do país centroamericano encabezada polo Presidente da República, Carlos Alvarado; e a Ministra de Deporte, Karla Alemán. A delegación española estivo formada entre outras personalidades polo Secretario de Estado para o Deporte, José Manuel Franco; así como polo Asesor á Presidencia da RFEF, o ex deportivista Albert Luque.

Eva Dios, que este verán ampliou a súa vinculación co Dépor ABANCA até 2023, recolle o testemuño de Paula Novo, do Dépor ABANCA B, que acaba de disputar un torneo amigable en Francia coa selección española sub-19.