RCD / NOVAS

Semana curta para o Dépor ABANCA, con visita ao Real Betis Féminas o sábado ás 16:00 horas

09/09/2019 11:00

O Deportivo ABANCA terá unha semana curta que concluirá este sábado 14 de setembro con visita ao Real Betis Féminas, ás 16:00 na Ciudad Deportiva Luis del Sol.

O conxunto de Manu Sánchez arranca mañá martes a semana de adestramentos, cun total de 4 sesións previas ao choque coas andaluzas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 9 de setembro
Descanso

Martes 10 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 11 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 12 de setembro
17:00: Adestramento en Abegondo

Venres 13 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo

Sábado 14 de setembro
16:00: Real Betis Féminas - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Luis del Sol

Domingo 15 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo