RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Semana para recargar baterías no Dépor

O partido que non se xogará en Reus esta fin de semana, correspondente á 30ª xornada en LaLiga 1|2|3, proporciona ao Dépor unha semana para cargar baterías, de cara ao último arreón.

Natxo González, técnico deportivista, dispuxo no entanto 3 adestramentos, de mércores a venres, todos eles matinais en Abegondo.

Como é habitual, cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro almorza e come nas instalacións habilitadas a tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 13 de marzo
11:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 14 de marzo
11:00: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de marzo
11:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de marzo
Descanso

Domingo 17 de marzo
Descanso