Semana sen competición ligueira para o Dépor ABANCA
Esta semana non haberá competición oficial para o Deportivo ABANCA. As branquiazuis, que hoxe martes gozan de xornada de descanso, chegan a este primeiro parón ligueiro con dúas vitorias nos dous partidos disputados e, por conseguinte, situadas xa no pelotón de cabeza do grupo norte de Reto Iberdrola.
A seguinte cita en liga será a visita do Sporting de Gijón a Abegondo, a fin de semana do 25 e 26 de setembro.
Miguel Llorente, técnico do Deportivo ABANCA, dispuxo desde mañá mércores 15 de setembro tres sesións de traballo matinais en Abegondo, segundo esta planificación: