RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sidnei pide "seguir crendo na nosa idea e no noso equipo"

Sidnei recoñeceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "os outros equipos cometen erros e os nosos estamos a pagalos moi caro. Temos que traballar e seguir crendo na nosa idea e no noso equipo. Temos que seguir traballando, que estou seguro que os puntos van chegar", engade.

O central brasileiro advirte que o partido deste sábado 9 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o CD Leganés (18:30, Bein LaLiga) da xornada 15ª de LaLiga Santander, "é moi complicado. A nós só nos interesan os 3 puntos. Imos saír a polos 3 puntos".

Opina o defensor deportivista que é como unha final, "porque xogamos en casa, coa nosa xente. Necesitamos os puntos. É un bo partido, unha boa oportunidade para nós, para dar unha alegría á xente. O sábado imos estar todos xuntos no Estadio e imos sacar os 3 puntos".

Do mesmo xeito que onte Lucas, Sidnei solicita centrarse nun mesmo e "buscar vitorias. Se non facemos o noso traballo, non serve de nada mirar aos demais. Temos que pensar soamente no noso equipo".

Está de acordo en cualificar como "pobre" a bagaxe do Dépor nestas 14 xornadas, con só 12 puntos. Iso si, lembra que houbo partidos como "o Málaga ou o Atlético que non merecemos acabar como acabamos. Temos que seguir traballando. Non hai outra maneira de cambiar isto".