RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Somma advirte que aínda que o equipo "estea no mellor momento da temporada, aínda non fixemos nada"

Michele Somma manifestou esta mañá en rolda de prensa que aínda que o equipo estea "no mellor momento da temporada, aínda non fixemos nada. Toca seguir con esta actitude, que para min é o máis importante que cambiamos para conseguir estas 5 vitorias. Tentamos agora non pararnos, seguir así, porque o máis importante é saír canto antes".

O defensor italiano cre que "o novo adestrador (Fernando Vázquez) ten moito mérito no cambio de actitude. Deunos tranquilidade e disciplina. Isto é o máis importante".

Da UD Las Palmas, rival do Dépor este sábado 1 de febreiro en ABANCA-RIAZOR (18:15, #Vamos), opina que é "un bo equipo. Pero nós agora fixámonos máis en nós. Toca seguir facendo o que estamos a facer nestes partidos. Non queremos parar. Queremos gañar estas 8 vitorias que nos quedan canto antes".

Non quere pensar en nada que non sexa a salvación: "Agora mesmo toca pensar en gañar os 8 partidos que nos quedan para estar salvados. Fixámonos máis nisto. É o máis importante", recalca.

Valorou positivamente Somma a iniciativa do Club de regalar unha camiseta a todos os afeccionados que acudan o sábado a ABANCA-RIAZOR para animar ao Deportivo: "Estamos encantados cando o Estadio está cun ambiente como o das últimas xornadas. Dános puntos. Estamos se estamos a nivel de 8, xogamos a nivel de 9 porque xogar con ABANCA-RIAZOR así nos encanta e dános moitos puntos isto".

Finalmente, defende o central branquiazul a calidade do cadro: "Sempre dixen, desde o primeiro día, que tiñamos un bo cadro. Antes, os xogadores estaban a render a un nivel que non corresponde. Nós somos isto de agora", insiste.