RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Somma: "Somos o Deportivo e en calquera campo imos facer o noso xogo"

Michele Somma pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O central italiano asegura que mañá domingo 25 de agosto no Alcoraz ante a SD Huesca (19:00 horas, Movistar LaLiga e GOL) "xogamos contra un equipo moi forte porque todos os equipos que baixan de Primeira son sempre moi fodidos. É un partido difícil. Pero nós somos o Deportivo e en calquera campo imos facer o noso xogo. Non temos medo de ninguén".

Insiste en que o vestiario deportivista, empezando por Juan Antonio Anquela, quere "un Deportivo que non teña medo de ninguén. Imos a calquera campo a facer o noso xogo. Imos a por os 3 puntos. Logo pode pasar de todo, pero o que non pode faltar é a actitude".

Resalta do partido inaugural ante o Real Oviedo que "empezar ben, con 3 puntos, é sempre bo. Agora o partido xa acabou e toca pensar no seguinte".

Do choque ante os ovetenses, lembra que "cando encaixas goles é fodido para os defensas. Pero por iso vemos os erros e traballamos para mellorar".

Do mesmo xeito que Bóveda onte xoves, Somma tamén asegura ante os medios de comunicación que os futbolistas branquiazuis "estamos convencidos" na maneira de defender as accións a balón parado. "O ano pasado tivemos números importantes defendendo así. Temos confianza nisto", engade.

A nivel persoal, agora situado na esquerda da zaga, recoñece que "me atopo mellor pola dereita. Pero non pasa nada. Xogar até xogaría na portería. O importante é que estea no 11. Para min é unha honra". "Xogando na esquerda debo buscar solucións diferentes porque non xogo na miña perna natural. Pero dáme igual", conclúe.