RCD / NOVAS

Suíza, sen o sancionado Schär, cae en oitavos e deixa o Mundial sen deportivistas

03/07/2018 20:20

A selección suíza, na que milita Fabian Schär, caeu en oitavos de final hoxe martes 3 de xullo ante Suecia (1-0) no San Petersburgo Stadium.

O defensor deportivista foi baixa por acumulación de amoestacións.

Schär era o único sobrevivente branquiazul a estas alturas de competición. Foi titular nos 3 partidos anteriores xogados en Rusia, que ademais disputou na súa totalidade.

Desta forma, o RC Deportivo queda sen representación mundialista; posto que o resto de branquiazuis (Krohn-Dehli, Borges, Francis e Ismael Díaz) xa gozan das súas vacacións.

Estes foron os resultados dos partidos e os minutos xogados por deportivistas:

Fabian Schär

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1 (partido completo de Schär)

Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2 (partido completo)

Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2 (partido completo)

Oitavos de final
Martes 3 de xullo
SUECIA 1 - SUÍZA 0 (sen xogar por sanción)

Michael Krohn-Dehli

Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1 (sen xogar)

Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1 (sen xogar)

Martes 26 de xuño
DINAMARCA 0 - FRANCIA 0 (sen xogar)

Oitavos de final
Domingo 1 de xullo
CROACIA 1 - DINAMARCA 1. A penaltis: 4-3 (saltou ao campo no minuto 98, na prórroga)

Celso Borges

Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1 (partido completo)

Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0 (partido completo)

Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2 (partido completo)

Francis Uzoho

Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0 (partido completo)

Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0 (partido completo)

Martes 26 de xuño
NIXERIA 1 - ARXENTINA 2 (partido completo)

Ismael Díaz

Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0 (saltou ao céspede no minuto 63)

Domingo 24 de xuño
INGLATERRA 6 - PANAMÁ 1 (sen xogar)

Xoves 28 de xuño
PANAMÁ 1 - TUNISIA 2 (sen xogar por lesión)

Máis novas de: SCHÄR, KROHN-DEHLI, BORGES