RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Superados os 9.000 socios a un mes do debut en Liga contra o Real Madrid

Na xornada do sorteo do calendario de LaLiga, que deparou unha estrea ao grande no ABANCA-RIAZOR cun Dépor-Real Madrid, 880 abonados sumáronse á xente mariñeira, das cales son novas altas 28 e renovacións web 86. Con eles, o Real Club Deportivo suma 9.059 socios.

A campaña de abonos 2017-2018 pecha mañá sábado unha nova semana de venda física. A Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR abrirá as súas portas de 10:30 a 13:30 para atender aos 142 socios que solicitaron cita previa e a todos aqueles que queiran acudir a renovar o seu abono ou sumarse á xente mariñeira. Hai que lembrar que os socios teñen reservado o seu asento da temporada pasada ata o próximo 5 de agosto.

Tamén se lembra a todos os socios ou futuros abonados que, co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera afeccionado pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) as 24 horas do día na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.