RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Táboas entre Xuvenil A e Lugo en Abegondo

Un Xuvenil A con pouca fortuna en ataque e CD Lugo asinaron táboas (1-1) en Abegondo, en partido correspondente á 5ª xornada na División de Honra.

Adiantáronse os lucenses no marcador aos 8 minutos; e empatou Peke na recta final do choque, despois de dous disparos ao pau e innumerables ocasións deportivistas para poder mesmo amarrar os 3 puntos.

Con este resultado, o Xuvenil A é 4º na táboa con 10 puntos, a 3 da cabeza da clasificación.

Xuvenil A: Alberto, Guerrero, Pol, Pablo Fraga, Juan Rodríguez, Prendes, Luque, Barba, Gonçalo Oliveira, Sarmiento e Peke. Tamén xogaron: Mario, Litos, Paulo e Barbeito.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A visita ao Real Racing Club de Santander.

Os resultados do equipo que prepara Álex Antón son os seguintes:

Real Avilés 0 - Xuvenil A 3 (Gonçalo Oliveira -2- e Edu Taboada)
Xuvenil A 0 - RC Celta 2
CD Roces 0 - Xuvenil A 1 (Peke)
Xuvenil A 5 (Luque, Mario, Víctor e Sarmiento -2-) - CD Marina Sport 0
Xuvenil A 1 (Peke) - CD Lugo 1