RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tati, nova fichaxe do Deportivo ABANCA B

O Deportivo ABANCA B suma unha nova incorporación para a Temporada 20/21. Trátase de Tati, extremo procedente das Viaxes Interrías de Sanxenxo.

Tatiana Barcia Blanco (Mazaricos, 8 de outubro de 2000), empezou a súa carreira futbolística en Victoria coruñés, defendendo tamén as cores do club homónimo en Santiago e o Matamá, antes de recalar o pasado verán no club do que procede.

Tati xogou tamén nas seleccións galegas sub-16 e sub-18.