RCD / NOVAS

"Temos un grupo e un vestiario moi bo", presume o mundialista Krohn-Dehli

09/01/2019 20:39

Michael Krohn-Dehli foi o protagonista este mediodía na sala de prensa de Abegondo.

O internacional danés deixou claro en primeiro lugar que non lle importa xogar en Segunda División: "É mellor xogar en Primeira co Dépor pero é así. Estou contento aquí co grupo e con todo. Non teño ningún problema en xogar en Segunda".

Insistiu en que está feliz na Coruña: "Non era por xogar en Segunda polo que me quería ir no verán. Era máis persoal. A miña familia está a vivir en Holanda. Agora estou aquí e temos un obxectivo, eu tamén, que é que o Dépor xogue en Primeira a próxima temporada".

Ve a LaLiga 1|2|3 como unha competición "dura. Hai moito nivel. Non son malos equipos".

Michael opina, sobre a situación actual do equipo, que "necesitamos sorte tamén. O outro día (ante o CD Lugo en ABANCA-RIAZOR) xogamos bastante ben. Podemos mellorar, iso é seguro. Pero non xogamos mal e falta esa sorte para que a pelota entre".

Asegura que o Dépor "ten que gañar fóra de casa. Temos que ser máis fiables fóra tamén". Recoñece que pode afectar mentalmente estar 3 meses sen gañar lonxe da Coruña, "cando ganas é todo máis fácil", conclúe.

Non cre que o equipo estea a pasar unha fochanca: "Preocúpame máis cando non creamos ocasións. O pasado sábado creamos bastantes. Falta esa sorte aínda que é algo que temos que buscar. Non vou dicir que estamos en crise. Non estamos así".

Nesta liña, ve ao vestiario "moi ben. Temos un grupo e un vestiario moi bo".

O centrocampista branquiazul fai autocrítica e asegura que pode dar máis de si: "Despois das vacacións volvín con boas sensacións. Estou mellor que hai 2 meses. Oxalá que poida achegar máis na segunda volta".

Evitou valorar finalmente a designación para o encontro deste sábado 12 de xaneiro en Son Moix ante o Real Mallorca (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) de Ais Reig, colexiado do Córdoba-Deportivo que expulsou a Pablo Marí, Borja Valle e Natxo González: "Non teño opinión especial. É outro partido e non hai problema".

Máis novas de: KROHN-DEHLI