RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Tere Abelleira, con España Sub-17, gana a Islandia e clasifícase para o Campionato de Europa da categoría

- Foto: @SeFutbol -

Tere Abelleira, de novo no once inicial de España, impúxose a Islandia (3-0) na segunda xornada do Torneo Elite do Campionato de Europa Sub-17, que se celebra en Portugal desde o pasado domingo 26 de marzo ata o vindeiro luns 3 de abril.

Con este resultado, a Selección Española clasifícase para o Campionato de Europa da categoría que se xogará na República Checa.

A capitá do Deportivo Abanca foi substituída no minuto 75 de encontro por Rosa Márquez, practicamente co partido sentenciado. Gozou Tere Abelleira dunha gran oportunidade, á media hora de xogo, cun lanzamento de falta que se foi fóra por pouco.

O pasado martes, na primeira xornada, España goleou a Portugal (6-1), nun partido que quedou resolto na primeira metade. Tere Abelleira, tamén titular, foi relevada no descanso por Anna Torrodá.

O vindeiro domingo 2 de abril, España mídese a Suecia no Estadio Nacional de Cruz Quebrada, nun choque xa intranscendente.

O calendario e os resultados da Selección Española é o seguinte:

Martes 28 de marzo
ESPAÑA 6 - PORTUGAL 1

Xoves 30 de marzo
ESPAÑA 3 - ISLANDIA 0

Domingo 2 de abril
16:00: SUECIA - ESPAÑA, no National Stadium de Cruz Quebrada