RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Teresa Abelleira e María Méndez xa están concentradas con España sub-19 en Las Rozas

A capitá do Deportivo ABANCA, Teresa Abelleira; e María Méndez, recentemente incorporada ao conxunto deportivista, están preconvocadas para a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se disputará o próximo mes de xullo en Escocia.

As futbolistas branquiazuis e as outras 22 xogadoras citadas concentráronse na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) desde onte luns 24 de xuño, até o 6 de xullo.

O 10 de xullo, a selección española, xa con 20 futbolistas, viaxará a Escocia para disputar a Fase Final.

España quedou encadrada no grupo B, con Inglaterra, Bélxica e Alemaña.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, en horario local (unha hora máis en España) é o seguinte:

Martes 16 de xullo
17:00: ESPAÑA - BÉLXICA, no Forthbank Stadium en Stirling

Venres 19 de xullo
17:00: INGLATERRA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

Luns 22 de xullo
17:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.