RCD / NOVAS

Tito Ramallo deixa de ser adestrador do Fabril

22/10/2018 21:59

A dirección deportiva e de fútbol formativo do Real Club Deportivo comunicaron esta tarde a Tito Ramallo a decisión do Club de prescindir dos seus servizos como adestrador do Fabril.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Tito a súa aposta e traballo durante estes meses na que é e sempre será a súa casa e ofrece ao adestrador coruñés a posibilidade de continuar traballando vinculado ao fútbol formativo do Club.

Tamén causa baixa da estrutura do Deportivo o preparador físico Lois Rodríguez Lorenzo. Até a configuración definitiva do equipo técnico do Fabril, Manuel Pablo García dirixirá os adestramentos acompañado polo readaptador Fernando Rodríguez e o adestrador de porteiros Alberto Casal.